«  volver

 

Mª Elena Montero e Luis Seoane. Tecendo a historia

Cliente: 
Fundación DIDAC
Fecha proyecto: 
September, 2019

A finais dos anos setenta, Luis Seoane e a artesá María Elena Montero crearon conxuntamente unha serie de tapices que non volveran mostrar en conxunto desde a súa presentación na compostelá Galería Citania, hai máis de corenta anos. A Fundación DIDAC recupera estes tapices para a exposición Tecendo a historia da man da súa coautora e ata hoxe a súa custodia, a tecedora María Elena Montero, poñendo en valor á súa autoría ao carón do gran artista Luis Seoane, quen sempre recoñeceu o seu labor.

Para a capa rescatouse un debuxo inédito que Seona esbozara como logotipo da empresa que proxectaban fundar entre ámbolos dous para comercializar estes tapices –A ardiña–. Resaltamos o contraste de claroscuros mediante a serigrafía de masas brancas sobre cartolina especial amarela e a sobreimpresión do trazo en relevo, do mesmo modo que o coisdo se solapa ao tecido nos tapices. Este xogo de texturas, cos fíos do libro desvelados e as firmas de ambos en portada, busca reflectir e anticipar o contido do catálogo.