«  volver

 

Orquestra Galega de Liberación

Cliente: 
Orquestra Galega de Liberación
Fecha proyecto: 
February, 2021

A Orquestra Galega de Liberación é un ensemble de 16 músicos residentes en Galicia reunidos en torno á música de vangarda e á improvisación. Trala súa estrea absoluta no Teatro Principal de Santiago de Compostela –dento do Festival Plataforma– a Orquestra Galega de Liberación edita o seu primeiro disco coa gravación dese directo. Toda a música do concerto foi improvisada no momento e composta a tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida como o soundpainting.

Para a cuberta do disco procuramos unha imaxe moi dinámica, capaz de reflectir a natureza experimental da improvisación e a espontaneidade do concerto. A composición presenta unha orde-desorde de instrumentos moi esquemáticos, configurada en torno a un eixe diagonal –as cordas do contrabaixo– que fai referencia á bandeira de Galicia e que semella asemade un pentagrama. A paleta de cores empregada baséase na pancarta da Liberation Music Orchestra de Charlie Haden, que foi tamén o principal referente conceptual da agrupación galega.