« volver
Breviario - Tamara Feijoo
Un breviario é unha recompilación persoal de ideas, fragmentos e anotacións que reflicten as inquedanzas máis profundas da súa autora. Baixo esta premisa nace a exposición Breviario de Tamara Feijoo
A mostra recolleu unha colección de pezas que funcionan como experimentos pictóricos e reflexións sobre o propio acto de pintar. A través de ensaios de taller, recorrencias e descartes, a artista dá forma a unha imaxinería íntima que sintetiza a súa traxectoria. Para iso, rescata a memoria dos materiais e utiliza nos seus debuxos papeis antigos, marcados polo paso do tempo e rescatados de vellas carpetas, para convertelos no estrato fundamental da súa obra.
O catálogo que acompaña ao proxecto convértese nun breviario físico que remite, tanto no formato como nos acabados, a esas libretas antigas que inspiran á artista. Un primeiro bloque impreso en papel offset crema de gran rugoso recolle imaxes da montaxe e unha conversa entre a artista e a comisaria Mónica Maneiro, mentres que o segundo bloque ofrece un percorrido fotográfico pola exposición con imaxes de Carmen Verdú.
A publicación loce unha coidada encadernación con punto de lectura. Como peza central da portada, destaca un cromo incrustado e impreso mediante letterpress na prensa manual Adana HS2 de @belapress, que achega esa pegada física e acabado artesán para unha edición especial.
Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)
Impresión: Axencia Gráfica
Encadernación: Legatoria
Edita: Fundación DIDAC
Agradecemento especial a Maria José Rodríguez-
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación da Coruña.
A exposición Breviario tivo lugar en Appleton Lisboa e en Santiago de Compostela en 2025






DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal


