« volver
JOSÉ MARÍA DE LABRA. CORRESPONDENCIAS
Desde Dardo abordamos o deseño editorial da mostra dedicada a José María de Labra cunha premisa de respectar e reforzar a fidelidade nas relacións entre as obras da exposición José María de Labra. Correspondencias.
O proxecto, construído a partir de pezas da colección ABANCA e Afundación, e comisariado pola cooperativa Performa, dá continuidade á liña de Correspondencias iniciada en 2023, propoñendo unha nova lectura da exposición a través dun diálogo coidadosamente tecido entre a obra de Labra e a de artistas contemporáneos.
O deseño editorial pon o foco na precisión das correspondencias, no ritmo das relacións e na atención ao detalle, acompañando as obras e reforzando as conexións que se establecen entre elas. Un exercicio de coherencia que permite que cada peza se lea en relación coas demais, mantendo intacta a súa identidade e abrindo novas capas de significado.
A mostra conta co pezas de Pablo Barreiro, Almudena Fernández Fariña, Gloria García Lorca, Arancha Goyeneche, Hisae Ikenaga, Carlos Maciá, Robert Ferrer i Martorell, Tatiana Medal, Kiko Pérez, Ana Pérez Ventura e Belén Rodríguez.
Deseño: Dardo (Carla Bautís)






DARDO
Rúa Pérez Costanti, 12
15702 Santiago de Compostela
T. +34 881 018 893
info(at)dardo.gal


