«  volver

 

Contos de arte e deseño. Un paseo pola Fundación DIDAC

Cliente: 
Fundación DIDAC
Fecha proyecto: 
February, 2022

Contos de arte e deseño. Un paseo pola Fundación  DIDAC é un libro para aprender divertíndose, crear e reflexionar. Trátase dunha serie de contos escritos pola mediadora Alba Cacheda que fai unha análise polas diferentes etapas que conleva unha exposición (montaxe, comisariado, transporte, obradoiros...) á vez que vai realizando un percorrido por unha selección de exposicións realizadas na Fundación DIDAC. Cada conto inclúe unha proposta de actividades para realizar en familia, a través das que aprender diferentes técnicas e linguaxes artísticas. Con ilustracións de María García, Dardo propón un deseño dinámico e ameno para que o público máis novo pase un momento agradable mentres coñece como crean e traballan os artistas contemporáneos.